Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.235

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereiro romano, do departamento de Ciencias Xurídicas, a María José Bravo Bosch.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 7 de abril de 1995 (BOE do 4 de maio), para a provisión de unha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito romano, do departamento de Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo, a prol de María José Bravo Bosch, DNI nº 34.960.994, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María José Bravo Bosch profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito romano, do departamento de Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de abril de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9602412