Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.235

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 95/028 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 95/028, convocada por resolución rectoral de data 3 de xullo de 1995 (BOE do 29 de xullo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituirse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resoluicón os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publciación.

A Coruña, 8 de abril de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: lóxica e filosofía da ciencia.

Praza nº: 95/028.

Comisión titular:

Presidente: Martínez Freire, Pascual, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Secretario: Álvarez Bautista, Juan Ramón, catedrático de universidade. Universidade de León.

Vocais:

Martínez Alonso, Juan Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Méndez Rodríguez, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Mosterin Las Heras, Jesús, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Lorenzo Martínez, Javier de, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Secretario: Acero Fernández, Juan José, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocais:

Larrazabal Antia, Jesús M., catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Quintanilla Fisac, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Echevarría Ezponda, Javier, catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

9603185