Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (211/1994-09).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifica:

Que no libro de sentencias civís deste xulgado consta dictada sentencia con data 9 de febreiro de 1996, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Encabezamento: Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 211/1994, promovidos a raíz da demanda interposta polo procurador García-Piccoli Atanes en nome e representación de Alfonso Seoane Barros, asistido do letrado Pais Ferrín, contra Manuel Ramón Seoane Barros e Manuela Ramona Quintáns Santamaría, declarados en rebeldía procesual e contra María del Carmen, Marcelino, Emilio Seoane Barros, representados pola procuradora Fernández-Rial López e asistidos do letrado Sabin Sabin.

Decido: que debo aceptar e acepto parcialmente a demanda interposta polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Alfonso Seoane Barros, contra Manuel Ramón, María del Carmen, Marcelino e Emilio Seoane Barros, representados pola procuradora Fernández-Rial López, e contra Manuel Ramón Seoane Ramos, declarados en rebeldía procesual, e declaro o sinalado no último fundamento de dereito desta resolución.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de cédula de notificación en forma ó demandado en paradoiro descoñecido Manuel Ramón Seoane Barros, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudical

Rubricado

2698