Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio da pel e o calzado de Lugo, modificado por acordo do 13 de xaneiro de 1996.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector don comercio da pel e do calzado de Lugo (código 2700165), asinado o día 8 de novembro de 1995, pola representación da asociación de empresarios e da central sindical UXT corrixidos por elas o pasado día 13 de xaneiro de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de decembro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo provincial do comercio da pel e o calzado de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo sindical de traballo obrigan á totalidade das empresas e traballadores dedicados ó comercio da pel e calzado.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Afecta a Lugo e á súa provincia, polo que quedan incluídas dentro destas normas do presente convenio as empresas ou sucursais domiciliadas en calquera punto de Lugo e provincia.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1994 para tódolos efectos, con independencia da súa publicación no BOP, rematando a súa vixencia o 31 de decembro de 1995.

Artigo 4º.-Denuncia.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio deberá ser este denunciado polas partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará

en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 5º.-Interpretación do convenio.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O nomeado órgano integrado por tres representantes da asociación empresarial asinante e 3 representantes da UXT, cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así coma do seu seguimento. No caso de non se chegar a un acordo nesta comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Repectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, e manteranse as ad personam, en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 7º.-Ingreso e período de proba.

Poderán concertarse, entre empresa e traballador, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de tres meses para os demais traballadores, excepto para os non cualificados, neste caso a duración máxima será de quince días laborables. No caso de concertarse o período de proba previsto neste artigo, tanto o empresario como o traballador están respectivamente obrigados a realizar-las experiencias que constitúan o obxecto da proba.

Artigo 8º.-Retribucións.

Os salarios pactados no presente convenio figuran na táboa de salarios anexa a el para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1995.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboarán ós seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade, incluída a antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por tempo de traballo.

O persoal comprendido no presente convenio, seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, catro trienios cunha porcentaxe que se fixará para tódalas categorías profesionais adxuntas no anexo a este Convenio, no 6% do salario base pactado.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Artigo 12º.-Sobresoldo de transporte e vestiario.

Queda establecido para tódalas categorías e idades en 6.492 ptas. para o ano 1994 e en 6752 ptas. para o ano 1995, por mes activamente traballado.

Artigo 13º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas que teñen establecido usar pezas de roupa ou uniformes (o seu persoal) adecuado a cada tarefa deberán entregar dúas cada ano, ou unha cada seis meses.

Artigo 14º.-Xubilación.

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas ás cales sexa solicitada por un traballador a dita xubilación á idade xa citada veranse obrigadas a contratar outro traballador, titular de dereito ás prestacións por desemprego ou novo demandante de primeiro emprego, mediante calquera dos contratos vixentes permididos pola lei.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas, a partir da xubilación do presente convenio DOP, estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubra nos casos de accidente laboral con resultado de morte e de invalidez permanente, total ou absoluta, por importe de 2.000.000 de ptas.

A referida póliza soamente abarcará os procesos iniciados a partir da súa vixencia e validez.

Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente de traballo e o grao de invalidez será a que fixen os órganos administrativo ou, se é o caso, xurisdiccionais competentes.

As indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo á póliza que se regula neste artigo consideraranse entregadas a conta das indemnizacións que se é o caso puidesen declarar con cargo á empresa os tribunais de xusticia, e compensaranse ata onde aqueles alcancen.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

As axudas de custos para o persoal que, debido ós métodos de organización da empresa, deba efectuar saídas fóra do municipio no que radique o centro de traballo, quedan establecidas na seguinte forma:

-Media axuda de custo: 1.505 ptas.

-Axuda de custo completa: 2.795 ptas.

Artigo 18º.-ILT.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do convenio, nos casos e coa duración que se indica a continuación:

a) No suposto de que a situación de ILT sexa a consecuencia de accidente de traballo ocorrido dentro da xornada laboral, exluído in itenere, neste suposto, o complemento aboarase mentres dure a situación de ILT.

b) No suposto de ILT derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboa

rase unicamente cando se produza hospitalización do traballador e mentres dure esta.

Artigo 19º.-Modalidades de contratación.

O contrato de duración determinada, regulado no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei de estatuto de traballadores, poderá ter unha duración máxima de dezaoito meses.

Táboa salarial convenio comercio de piel e calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-1994 ó 31-12-1994

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

-Persoal mercantil técnico non titulado
Xefe de persoal113.2771.770.567
Xefe de compras113.2771.770.567
Encargado xeral113.2771.770.567
Xefe de almacén97.1471.528.617

-Persoal mercantil propiamento dito
Viaxante84.6401.341.012
Corredor de praza84.6401.341.012
Dependente79.9611.270.827
Dependente maior87.9571.390.767
Axudante (menor de 22 anos)72.8461.164.102
Aprendiz de primeiro ano30.044522.072
Aprendiz de segundo ano44.555739.737

-Persoal administrativo
Contable84.6401.341.012
Oficial administrativo79.9611.270.827
Auxiliar administrativo72.8461.164.102
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos44.349736.647
Auxiliar de caixa72.8461.164.102

-Persoal de servicios e actividades auxiliares
Mozo72.8461.164.102

Táboa salarial convenio comercio de piel e calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-1995 ó 31-12-1995

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

-Persoal mercantil técnico non titulado
Xefe de persoal117.8081.841.392
Xefe de compras117.8081.841.392
Encargado xeral117.8081.841.392
Xefe de almacén101.0331.589.767

-Persoal mercantil propiamento dito
Viaxante88.0261.394.662
Corredor de praza88.0261.394.662
Dependente83.1591.321.657
Dependente maior91.4751.446.397
Axudante (menor de 22 anos)75.7601.210.672
Aprendiz de primeiro ano31.246542.962
Aprendiz de segundo ano46.337769.327

-Persoal administrativo
Contable88.0261.394.662
Oficial administrativo83.1591.321.657
Auxiliar administrativo75.7601.210.672
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos46.123766.117
Auxiliar de caixa75.7601.210.672

-Persoal de servicios e actividades auxiliares
Mozo75.7601.210.672

3162