Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de abril de 1996 pola que se modifica a do 29 de febreiro de 1996, pola que se anunciaban axudas económicas destinadas a subvencionar obras de construcción, reforma, rehabilitación e equipamento das casas dos concellos, publicada no Diario Oficial de Galicia número 50, do 11 de marzo de 1996.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no marco da súa liña habitual de colaboración coa Administración local, anunciou a convocatoria de subvencións adicadas á mellora das casas do concello, mediante Orde do 29 de febreiro de 1996, publicada no Diario Oficial de Galicia número 50, do 11 de marzo de 1996. Mediante esta nova orde, increméntase ata douscentos millóns cincocentas mil pesetas, 200.500.000 ptas., o crédito dispoñible para facer fronte a esta acción de colaboración, mercé ó esforzo orzamentario realizado reorganizando os créditos asignados a este departamento; así,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o contido do artigo 1, parágrafo 1º, no senso de que se amplía o límite da inversión da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en cincuenta millóns de pesetas (50.000.000 de ptas.), así, as subvencións que se concedan, faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.761.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, pasando o límite de cento cincuenta millóns cincocentas mil pesetas (150.500.000 ptas.) a douscentos millóns cincocentas mil pesetas (200.500.000 ptas.).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xustiza e Interior para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1996.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2204