Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.188

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (352/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco, dou fe e certifico que nos autos de medidas provisionais tramitadas neste xulgado co número 352/1995, dictouse auto que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

En Santiago de Compostela o 21 de marzo de 1996, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de medidas provisionais coetáneas por petición de separación seguido neste xulgado co número 352/1995, no que actuaron como partes, como demandante Mercedes Jiménez Jiménez, representada pola procuradora dos tribunais María del Carmen Losada, designada de oficio, e asistida pola letrada María José Loredo Conde, designada de igual modo e como demandado José Giménez Giménez, non comparecido nas actuacións e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo acordar e acordo a adopción como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada a pendencia do preito de separación as seguintes; atribución á nai da garda e custodia dos fillos menores do matrimonio, Josué e Elisabeet, a separación provisional dos esposos, que poderán vivir separados, fixación a cargo do esposo dunha contribución mensual pagadoira os cinco primeiros días de cada mes na conta que sinale a demandante, para contribución ás cargas do matrimonio, das tres quintas partes dos ingresos que obteña a partir das 40.000 ptas.

Contra esta resolución non se dará ningún recurso pero poderá formular oposición perante este mesmo xulgado no prazo de oito días desde a notificación. Así o acordo, no lugar e data reseñados. Dou fe.

E para que así conste e sirva de notificación ó demandado José Giménez Giménez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis, dou fe.

Rubricado

2964