Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.188

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (14/1996).

En virtude do acordado pola maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 14/1996, que se seuge neste xulgado por ameazas, por medio da presente cítase a Rosa María Pérez Regueira, en calidade de denunciante, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día oito de maio de mil novecentos noventa e seis, ás 11 horas e 10 minutos, compareza na sala de audiencias número 3 correspondente ó Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, sita na primeira planta do edifico de xulgados, rúa Viena número 1, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode acudir acompañada de avogado, e previndoa de que debe comparecer cos medios de proba de que intete valerse, e que se non o verifica, recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

2697