Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.132

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de abril de 1996 pola que se ordena a publicación da convocatoria de provisión dos postos de traballo incluídos na oferta pública de persoal laboral.

Disposicións xerais

1º.-De acordo co establecido no capítulo IV do III convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, convócase proceso de provisión para cubrir prazas vacantes reservadas a persoal laboral nas relacións de postos de traballo polo sistema de concurso de traslados.

1.1.-As prazas vacantes convocadas así coma os requisitos para o seu desempeño son as que figuran no anexo II da presente convocatoria.

Provisión definitiva

Concurso de traslados

2º.-Poderá participar no concurso o persoal laboral fixo da Xunta de Galicia cun mínimo de dous anos de antigüidade na categoría desde a que concurse ou se transcorren un mínimo de dous anos desde que os interesados accederon á praza que veñen desempeñando con carácter definitivo. Para efectos de antigüidade teranse en conta os servicios recoñecidos, polo órgano competente, na mesma categoría desde a que se concursa, conforme o disposto no artigo 27.b)1 do III convenio único.

2.1.-Ademais poderán participa-los excedentes voluntarios que, tendo esgotado o prazo mínimo de excedencia, soliciten o reingreso antes de rematado o prazo de presentación de instancias.

2.2.-Así mesmo, non será necesaria a antigüidade nin a permanencia continuada de dous anos no posto de traballo para os traballadores que se atopan na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría desde a que concursan.

2.3.-Os excedentes reincorporados provisionalmente deberán participar obrigatoriamente nesta fase solicitando tódalas vacantes correspondentes á súa categoría profesional, non lles sendo de aplicación o disposto no punto 2 relativo á permanencia. Se incumprisen esta obriga, serán declarados de oficio na situación de excedencia voluntaria.

3º.-Os aspirantes interesados en participar na presente convocatoria deberán posuí-los requisitos e categoría profesional, no seu grupo respectivo, requirida na relación de postos de traballo para desempeña-la vacante á que pretenden acceder, de acordo co que figura no anexo II.

3.1.-As titulacións académicas que deben posuí-los aspirantes ós que se refire a disposición transitoria quinta do III convenio único serán as que figuran no anexo V. Para estes efectos terase en conta o acordado na sesión da Comisión Paritaria do 23/05/95 (acta nº 5).

Solicitudes

4º.-Quen desexe tomar parte na presente convocatoria deberá presenta-la súa solicitude, conforme o modelo que figura como anexo I dela, nos rexistros xerais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así coma nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da presente convocatoria.

4.1.-Na citada instancia farase constar, por orde de preferencia, as vacantes incluídas no anexo II

sempre que, de acordo co disposto no punto 3, se reúnan os requisitos esixidos para o seu desempeño.

4.2.-Así mesmo, o persoal que o desexe poderá solicita-los postos que resulten vacantes como consecuencia da resolución do presente concurso, especificando a súa preferencia, de acordo cos seguintes datos:

a) Categoría á que se opta (ter en conta o disposto no punto 3). Na instancia, modelo I, farase constar se se condiciona ou non a participación na fase de resultas a que a posible vacante adxudicable teña, como mínimo, a mesma xornada que a que vén desempeñando o adxudicatario.

b) Só poderá solicitarse unha localidade.

c) Consellería. Se non se opta por ningunha consellería concreta utilizarase a orde de prelación fixada na instancia.

4.3.-Á instancia xuntaráselle a certificación a que se refire o anexo III, na que se farán consta-los méritos alegados polos interesados, debendo xuntarlle á dita certificación fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación, e se presentarán cotexadas, significando que non se valorarán aqueles méritos que, para a/s comisión/s non estean suficientemente acreditados. Os requisitos e os méritos alegados deberán reunirse e computarse ata o último día do prazo para a presentación de instancias.

4.4.-As certificacións serán expedidas, nos servicios centrais, polo secretario xeral, director xeral, subdirector xeral competente en materia de persoal ou xefe do servicio de persoal da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos, e nas delegacións territoriais, polo secretario xeral ou polo funcionario encargado da xestión de persoal con categoría non inferior a xefe de sección da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

4.5.-Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

Baremo de méritos

5º.-A resolución do presente concurso farase mediante a aplicación ós aspirantes do baremo de méritos que figura como anexo IV da presente convocatoria.

5.1.-A orde de prelación dos aspirantes para ocupar cada unha das vacantes solicitadas virá dada pola aplicación dos méritos alegados e certificados do baremo a que se refire o punto 5.

5.2.-Sen prexuízo do anterior, terán preferencia para ocupa-las vacantes adecuadas á súa categoría os traballadores que se atopen na situación de traslado forzoso, de acordo co disposto no artigo 7.2.a).7 do III convenio único, así coma os adscritos tem

porais polo procedemento regulado no artigo 7.4.c) do III convenio único.

Comisións de valoración

6º.-Para a resolución do presente concurso, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública nomeará as comisións de valoración que considere necesarias.

6.1.-A composición da/s comisión/s de valoración será como segue:

-Un presidente, que será o director xeral da Función Pública ou persoa en quen delegue.

-Un secretario, con voz e sen voto.

-Tres vocais, en representación da Administración.

-Dous representantes dos traballadores, a proposta das organizacións sindicais presentes no Comité Intercentros.

Os acordos da/s comisión/s adoptaranse por maioría dos seus membros.

6.2.-Os membros da/s comisión/s de valoración deberán absterse de participar cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderán ser recusados polas mesmas razóns.

6.3.-Co fin de acada-la necesaria coordinación entre as comisións de valoración, no suposto de existir máis dunha, todas actuarán baixo a dirección da número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e unificación poidan ser formuladas e solicitadas polas restantes comisións sobre a interpretación das bases da presente convocatoria así como sobre a aplicación do baremo, e eleva-la proposta para a adxudicación da totalidade das prazas.

6.4.-Estas comisións terán a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Resolución

7º.-O director xeral da Función Pública, á vista da proposta feita pola comisión de valoración número 1, dictará resolución, que se publicará no DOG, e nela figurará a relación de excluídos e anunciarase a exposición nos taboleiros de anuncios dos centros a que se refire o punto 4, das listas de admitidos e da puntuación provisional acadada para cada unha das vacantes solicitadas.

7.1.-Os aspirantes excluídos, así como os admitidos que non estean de acordo coa puntuación provisional, disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para emendar, se é o caso, os defectos que motivaron a súa exclusión ou para alega-la des

conformidade coa puntuación provisional así como as razóns dela.

7.2.-Rematado o proceso de valoración, o director xeral da Función Pública, por proposta da comisión de valoración número 1, dictará resolución, que se publicará no DOG, na que se lles adxudicarán as correspondentes vacantes ós aspirantes que obtivesen a maior puntuación. De producirse empate na puntuación resolverase en primeiro lugar a favor do aspirante que teña maior antigüidade na categoría na Xunta de Galicia, en segundo lugar a favor do que teña maior antigüidade na Xunta de Galicia e, no caso de persisti-lo empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido e, de ser igual, polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 9 de marzo de 1995 (DOG nº 67 do 5 de abril de 1995).

7.3.-Contra a resolución dictada poderase interpor recurso nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

7.4.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obtivese outro destino mediante convocatoria pública.

7.5.-Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia non xerarán dereito a indemnización.

Incorporación ó posto de traballo

8º-Os aspirantes que obteñan algunha das vacantes solicitadas deberán cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días, a contados desde o día seguinte ó da publicación da resolución. O prazo para tomar posesión do novo posto de traballo será de tres días se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual do concursante ou dun mes se radica en localidade distinta. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está a gozar dun período de licencia, vacación ou permiso, o cómputo do prazo comezará o día seguinte ó da reincorporación ó posto de traballo.

8.1.-Non obstante, no suposto de que a praza de destino se atopara ocupada por un contratado laboral temporal con contrato que non exceda dos seis meses, a Administración poderá prorroga-lo cesamento do adxudicatario daquela no seu posto de procedencia en tanto non remate o contrato temporal referido.

8.2.-Así mesmo, no suposto de que a vacante estea ocupada por un contratado laboral temporal, de conformidade co disposto no artigo 36.1º.b) do III convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, o cesamento e a toma de posesión do adxudicatario suspenderase ata que o xubilado substituído cumpra os 65 anos de idade.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRI-LO ANEXO I

(1) Refírese ó grupo e categoría desde a que se concurse.

(2) Estas situacións acreditaranse mediante a correspondente documentación xustificativa.

(3) Indica-la data do inicio do desfrute da excedencia.

(4) O número do posto e o que figura na columna terceira (nº postos) do anexo II.

(5) Para a participación nas resultas terase en conta o disposto na base 3 da convocatoria.

ANEXO II

ANEXO III

Don/a

(Nome do funcionario/a que certifica)

Cargo:

CERTIFICO: que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada a don/a ,

categoría , grupo ,

persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, ten acreditados os seguintes datos:

1.-ANTIGÜIDADE: (expresa-lo tempo en meses)

A.1.-Servicios prestados na mesma categoría profesional na Xunta de Galicia.

Tempo:

A.2.-Servicios prestados na mesma categoría noutras administracións públicas.

Tempo:

A.3.-Servicios prestados na Xunta de Galicia noutras categorías profesionais.

Tempo:

A.4.-Servicios prestados noutras administracións públicas noutras categorías profesionais.

Tempo

2.-Desempeño profesional: (expresa-lo tempo en meses)

Último posto de traballo desempeñado con carácter definitivo ou por reingreso provisional:

Localidade: Código postal: Provincia:

Tempo:

3.-CURSOS DE GALEGO:

Poñer unha aspa onde corresponda: de iniciación o de perfeccionamento o

4.-CIRCUNSTANCIAS DE SAÚDE: (acreditadas polo médico de cabeceira do enfermo)

5.-FORMACIÓN ESPECÍFICA:

a) Número de xornadas ou cursos de menos de catro días, expedidos polas administracións públicas e relacionados coas funcións propias do posto solicitado:

Número de cursos de catro ou máis días, expedidos polas administracións públicas e relacionados coas funcións propias do posto solicitado:

b) Experiencia (agás a adquirida polo desempeño do posto mediante adscrición temporal regulada no artigo 7.4.a) do III convenio colectivo único):

Meses:

6.-DESTINO DO/A TRABALLADOR/A: (poñer unha aspa onde corresponda)

-No mesmo concello da vacante: o

-Fóra do concello da vacante: o

-Fóra da provincia: o

E para que conste, para os efectos da participación do traballador no concurso, ... orde ...., asino a presente certificación en o de de mil novecentos noventa e seis.

(sinatura)

NOTAS: O/A certificante riscará os espacios en branco que non se utilicen. O certificado cubrirase a máquina ou con letras maiúsculas.

ANEXO IV

BAREMO DE MÉRITOS

I)Antigüidade.

I.1. Antigüidade na mesma categoría profesional na Xunta de Galicia: 0,20 puntos/mes.

I.2. Antigüidade na mesma categoría profesional noutras administracións públicas: 0,15 puntos/mes.

I.3. Antigüidade noutras categorías na Xunta de Galicia: 0,10 puntos/mes.

I.4. Antigüidade noutras categorías noutras administracións públicas: 0,05 puntos/mes.

II) Desempeño profesional.

Por cada mes de servicios prestados no último posto que se vén desempeñando con carácter definitivo ou por reingreso provisional: 0,25 puntos/mes.

III) Cursos de galego

III.1. De iniciación: 1,50 puntos.

III.2. De perfeccionamento: 2,50 puntos. Só se valorará o curso superior se se alega máis dun.

IV) Circunstancias de saúde (acreditados polo médico de cabeceira do enfermo).

Dos traballadores, cónxuxe, convivente ou familiares do 1º grao de consanguinidade ou afinidade que sexan motivo de traslado, aprecidas polo tribunal co asesoramento médico que coide pertinente: 5 puntos.

V) Formación específica (1).

Cando no posto que se solicita se valore unha determinada formación específica na columna correspondente do anexo II, esta computarase do seguinte xeito:

a) -Por xornadas ou cursos de menos de catro días expedidos polas administracións públicas e relacionados coas funcións propias do posto solicitado: 0,10 puntos c/u.

-Por cursos de catro ou máis días expedidos polas administracións públicas e relacionados coas funcións propias do posto socilitado: 0,30 puntos c/u.

b) Experiencia (agás a adquirida polo desempeño do posto mediante adscrición temporal regulada no artigo 7.4ºa) do II convenio colectivo único): 0,20 puntos por mes de servicios prestados.

A puntuación máxima acadable polos apartados a) e b) será de 3,50 puntos.

VI) Destino.

-Destino do/a traballador/a no mesmo concello da vacante: 2,50 puntos.

-Destino do/a traballador/a fóra do concello da vacante: 3 puntos.

-Destino do/a traballador/a fóra da provincia da vacante: 5 puntos.

(1) Respecto dos cursos ou xornadas a que se refire o apartado a) do punto V entenderanse expedidos polas administración públicas os impartidos en escolas e centros oficiais da Administración da Xunta de Galicia, INAP e escolas oficiais das restantes comunidades autónomas, así como os recoñecidos ou homologados pola EGAP.

ANEXO V

GrupoCategoríaRequisitos

I2Licenciado en medicina.

I6Licenciado en psicoloxía.

I11Licenciado en pedagoxía.

I15Licenciado en medicina (rehabilitador).

I19Licenciado en farmacia.

I23Licenciado en psicoloxía, licenciado en pedagoxía, licenciado en xeografía e historia.

I25Licenciado en medicina (medicina deportiva).

I27Licenciado en filoloxía, licenciado en filosofía e letras, licenciado en xeografía e historia, licenciado en belas artes, licenciado en historia da arte, licenciado en pedagoxía, licenciado en psicoloxía, licenciado en socioloxía, licenciado en filosofía.

I29Licenciado en ciencias económicas ou empresariais.

I30Licenciado en ciencias da información (xornalismo).

I31Licenciado universitario.

II1Dipolomado universitario.

II2ATS (DUE).

II3Fisioterapeuta.

II5Diplomado en EXB ou pedagoxía ou psicoloxía.

GrupoCategoríaRequisitos

II6Diplomado en EXB ou pedagoxía ou psicoloxía.

II7Diplomado universitario.

II8Diplomado en EXB ou pedagoxía ou psicoloxía.

II11Fisioterapeuta.

II17Asistente social.

II20Terapeuta ocupacional.

II21Diplomado en EXB ou pedagoxía ou psicoloxía.

II28Diplomado universitario.

II30Diplomado universitario.

II31Diplomado da Escola Superior de Conservación e Bens Culturais ou licenciado en belas artes (especialidade restauración).

II33Diplomado universitario e seis (6) cursos da Escola Superior de Danza.

II34Diplomado universitario e seis (6) cursos da Escola Superior de Danza.

II35Profesor de piano (titulado medio).

II37Diplomado universitario.

III2Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III4FP2 (rama hostelería e turismo) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.

III5Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III10Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III11FP2 (rama agraria) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

GrupoCategoríaRequisitos

III14FP2 (rama hostelería ou turismo, especialidade hostelería) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.

III16Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III17FP2 (rama química e rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada ou licenciado ou diplomado en química, bioloxía ou farmacia.

III18Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III23Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III26FP2 (rama química e rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada ou licenciado ou diplomado en química, bioloxía ou farmacia.

III33FP2 (rama electrónica, especialidade en comunicacións) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III36Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III37FP2 (rama imaxe e son) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada, ou enxeñeiro técnico de telecomunicación ou electrónico.

GrupoCategoríaRequisitos

III39Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III46Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III49FP2 (rama automoción, especialidade mecánica e electricidade do automóbil; rama agraria, especialidade mecanización agraria; rama marítimo pesqueira, especialidade mecánica naval) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III60Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III61FP2 (rama química e rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada ou licenciado ou diplomado en química, bioloxía ou farmacia.

III62Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III63Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

Carné de conducir C2.

III64Bacharelato superior, FP2 ou equivalente e carné de conducir C2.

III65FP2 (rama hostelería e turismo, especialidade hostelería) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e dous anos acreditados de experiencia na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.

III66Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III67Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III68FP2 (rama agraria) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos acreditados de experiencia na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III69Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III72Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

GrupoCategoríaRequisitos

III78FP2 (rama hostelería e turismo) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e dous de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.

III86FP2 (rama automoción, especialidade mecánica e electricidade do automóbil; rama agraria, especialidade mecanización agraria; rama marítimo pesqueira, especialidade mecánica naval) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III88FP2 (rama marítimo-pesqueira) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III90Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III97FP2 (rama imaxe e son ou telecomunicacións) ou bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III99Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

IV1Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV2Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV3FP1 (rama sanitaria) ou graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV4Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV5FP1 (rama hostelería e turismo, profesión cociña) ou graduado escolar, FP1 ou equivalente e un ano de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou dous anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.

GrupoCategoríaRequisitos

IV6Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV9FP1 (rama agraria) ou graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV10FP1 (rama fogar, profesión xardín de infancia).

IV11FP1 (rama química, profesión operador de laboratorio ou operador de planta) ou graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos acreditados de experiencia na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV12Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV16Graduado escolar, FP1 ou equivalente e carné de conducir B2.

IV17Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV20Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV21FP1 (rama madeira), ou graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV22Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV23Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

GrupoCategoríaRequisitos

IV24Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV25Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV26Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV30Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV31Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

V1Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V2Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V3Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V8Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V9Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V10Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V10-DCertificado de estudios primarios ou equivalente e curso de técnico superior en salvamento acuático.

V11Certificado de estudios primarios ou equivalente. Carné de manipulador de alimentos.

V12Certificado de estudios primarios ou equivalente.

3267