Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4474 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Hortensio Díaz-Becerra Chaos.

Finalidade: dotar de servicio eléctrico á minicentral de Maseiriños-Navia de Suarna.

Orixe da liña: en apoio da L.M.T. ó C.T. de Navia.

Final: en minicentral de Maseiriños.

Características: liña aérea de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, sobre apoios de formigón ou metálicos, cunha lonxitude de 311 metros, para dotar de servicio eléctrico a minicentral de Maseiriños, en Navia de Suarna.

Orzamento: 1.965.335 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 2 de febreiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2766