Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de abril de 1996 pola que se clasifica como benéfico-asistencial a Fundación Quinesia.

Visto o expediente de clasificación Fundación Quinesia, con domicilio en Vigo.

Supostos de feito.

1. Francisco Insúa Meirás, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito de doce de febrero de mil novecentos noventa seis, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo, o día 8 de febreiro de 1996 ante o notario do Colexio da Coruña, Álvaro Mure Goyanes co número cento oitenta e cinco do seu protocolo, por Francisco Insúa Meirás, Eligio Antonio Domarco Álvarez e Álvaro Espilla Dopico, no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto de finalidade da fundación é, entre outras, a formación dos profesionais do ámbito das necesidades especiais así como a promoción de estudios e investigación sobre recursos, modelos, normativa legal, etc... para a integración das persoas con necesidades especiais.

4. O padroado da fundación estará constituído por Francisco Insúa Meirás como presidente, Eligio Antonio Domarco Álvarez como vicepresidente, Purificación Veiga Liz como secretaria, Álvaro Espilla Dopico como tesoureiro e Juan Ignacio Pérez Méndez e Luis Pérez Rivas como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-asistencial da Fundación Quinesia, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-asistencial e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día oito de abril de mil novecentos noventa e seis.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-asistencial a Fundación Quinesia e adscribila á Consellería de Sanidade e

Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Publica

3137