Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de abril de 1996 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Nelson Zumel.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Nelson Zumel con domicilio en Lugo.

Supostos de feito.

1. Que Jesús Busto Peteiro, na súa calidade de Portavoz da fundación, en escrito de 1 de marzo de 1996, formulou solicitude de clasificación da mesma a efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. Que a fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Pontevedra, o día 14 de febreiro de1996 ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña

César Cunqueiro González-Seco, co número trescentos trece do seu protocolo, por José Nelson González Rodríguez, Jesús Busto Peteiro e Miguel Domínguez Rodríguez no seu propio nome e dereito e, ademais, José Nelson González Rodríguez en nome e representación de Mercedes Abajo Lera, José Luis González Abajo, Olga González Abajo, José Luis Balbas González, Eduardo Tamayo Barrena e José Luis Yzaguirre Romero; Jesús Busto Peteiro, en nome e representación de Carlos de Blas Armada.

3. Que, segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos o obxecto e finalidade da fundación é a difusión, promoción e estudio da obra pictórica de Nelson Zumel, en tódalas súas ramas e especialidades e poderá estende-los seus programas a disciplinas instrumentais e complementarias. Así mesmo a fundación dedicará a súa actividade á difusión, promoción e estudio da pintura española dos séculos XIX e XX, en tódalas súas ramas e especialidades e poderá estende-los seus programas a disciplinas instrumentais e complementarias.

Para os indicados efectos, fomentará e protexerá a realización de estudios de toda índole sobre a obra pictórica de Nelson Zumel e a pintura española dos séculos XIX e XX, xa sexan de carácter teórico ou aplicativo; atenderá a transmisión destes coñecementos pictóricos e coidará do intercambio de experiencias e estudios con institucións públicas e privadas de todo o mundo relacionadas con estes temas. Tamén patrocinará premios que estimulen estes fins.

4. Que o padroado da fundación estará constituído por José Nelson González Rodríguez como presidente, Mercedes Abajo Lera como vicepresidenta, José Luis González Abajo como secretario, Olga González Abajo como tesoureira, Jesús Busto Peteiro e José Luis Yzaguirre Romero como portavoces e José Luis Balbas González, Miguel Domínguez Rodríguez, Eduardo Tamayo Barrena e Carlos de Blas Armada como vocais.

5. Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas Cconsellerías elevan ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Nelson Zumel, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese

xeral de acordo coa Lei, e que o artigo 27.26º do Estatuto de Autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. Que, de acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamennto do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta Consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Que, á vista do que antecede, se poden considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias, establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día un de abril de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Nelson Zumel, adscribíndoa á Consellería de Cultura que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3190