Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio de 1995 e as listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para 1995, e publicados por Resolución do 22 de xuño de 1995 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 126, do 3 de xullo) e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 6.2 dos criterios xerais que rexen para o fondo de acción social de 1995, procede darlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que transcorreron os prazos de alegacións previstos no punto 2 das resolucións do 15 de novembro de 1995 (DOG nº 226, do 24 de novembro), do 31 de xaneiro de 1996 (DOG nº 30, do 12 de febreiro) e do 26 de febreiro de 1996 (DOG nº 45, do 4 de marzo).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 22 de xuño de 1995, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo á presente resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1995.

Segundo.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde a data da publicación da presente resolución de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Xubilación56426529953.275.000
Diminuídos3352954063.438.200
Fillos menores677762415361.003.075
Est. traballador1553114540818.276.550
Est. fillos19457167902667124.007.175
Vivenda750470280110.000.000
Totais29436252064230500.000.000

96-3138