Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Agraria Jóvenes Agricultores-Asaja Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Agraria Jóvenes Agricultores-Asaja Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas maiores de idade e persoas xurídicas que sexan agricultores, gandeiros ou silvicultores e que de forma directa traballen nas explotacións, xa sexan propietarios, arrendatarios ou aparceiros, así como os familaires que colaboren directamente coa explotación. Tamén poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas relacionadas directa ou indirectamente coa agricultura e gandería e aqueles profesionais que polos seus coñecementos técnicos e pola súa defensa do mundo agrario teñan demostrado ser merecedores disto.

Asinan a acta de constitución: Raúl Bacelar Sanmiguel e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2912