Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional Galega de Licenciados e Licenciadas en Psicopedagoxía.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Profesional Galega de Licenciados e Licenciadas en Psicopedagoxía, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas que estean en posesión do título de licenciado /a en psicopedagoxía.

Asinan a acta de constitución: Mª Olivia Sanluis Teado e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2913