Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia dos recursos marisqueiros nas zonas de Baiona-A Guarda e O Grove (Pontevedra).

A Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Obxecto: servicio de vixilancia dos recursos marisqueiros nas zonas de Baiona-A Guarda e O Grove.

Nº de Expte: PO-1/1996.

2. Duración: desde a adxudicación ata 31-12-1996.

3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación: dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de ptas.) co IVE incluído.

5. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán a disposición dos interesados para o seu exame:

-Na Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, complexo administrativo San Caetano. Santiago de Compostela.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña. r/ Ramón y Cajal, nº 1 - Casa do mar, 5ª planta.15006 A Coruña. Tlfno: 18 20 01. Fax: 18 20 27.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Lugo): Avda. Ramón Canosa s/n. 27863 Celeiro-Viveiro.Tlfno: 55 17 69. Fax: 55 13 68.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra). r/ Palma, 4. 36202 Vigo. Tlfno:81 71 09. Fax:81 71 02.

Tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, ata o último día de presentación das proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Clasificación esixible: categoría B, grupo III, subgrupo 2.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación: no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (r/Palma, 4. 36202 Vigo) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986-81 71 02) ou telegrama, no mesmo día.

8. Documentación que deben presenta-los licitadores: o que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (r/ Palma, 4. 36202 Vigo), ás 12 horas do primeiro día hábil no que se cumpran tres días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sabado, a apertura será ó seguinte día hábil

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 17 de abril de 1996.

Juan Manuel López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

2911