Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.928

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (46/1996).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 de Santiago de Compostela, nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria nº 46/1996 por instancia de Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en reclamación de crédito hipotecario.

Notifícaselles pola presente cédula ós herdeiros de Concepción Parga Moure que se dictou neles a seguinte resolución:

Providencia maxistrado-xuíz Pantín Reigada.

Santiago de Compostela, vintedous de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Dáse por repetido o anterior escrito de demanda, documentos, poder e copias que se xuntan, e por comparecido e parte o procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome de Caixa de Aforros Municipal de Vigo, a representación da cal acredita mediante a oportuna escritura de poderes que presenta. Enténdese con el as sucesivas dilixencias na forma establecida na lei; dáse por promovido o procedemento xudicial sumario que preveñen os artigos 129 e 131 da Lei hipotecaria, respecto dos predios que se describen no dito escrito; requírase ó debedor Manuel García Casas e Concepción Parga Moure no domicilio pactado sito na avenida de Coímbra, 2, 2º, (Santiago de Compostela), avenida de Coímbra, 2, 2º, (Santiago de Compostela), para que dentro do termo de dez días faga efectivo o importe das responsabilidades reclamadas. Expídase mandamento ó rexistrador da propiedade de Santiago de Compostela nº 2 co fin de que en relación cos predios de que se trata remita a este xulgado a certificación que dispón

a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, no que se inserirá o presente provido e transcribirán os predios obxecto de hipoteca, e se entrega ó procurador demandante para que coide das súas dilixencias.

Mándao e asínao S. S.ª e dou fe.

E/ Perante min.

Requírese a este para que, dentro do termo de dez días hábiles, satisfaga á parte demandante as sumas que se reclaman na demanda, baixo apercibimento de que, de non efectua-lo pagamento das cantidades debidas no referido prazo, se continuará o trámite ata a venda en pública poxa do predio ou predios, para facer pagamento daqueles ó executante.

Para que sirva de notificación e requirimento en forma ó dito demandado, para os fins, polo termo e co apercibimento expresados, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Santiago de Compostela, vintedous de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

3031