Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.929

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (41/1995).

En virtude do acordado en providencia dictada o día da data en xuízo oral número 41/1995, executoria, 164/1995-M, do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela, A Coruña, no que foron condenados en sentencia firme do 11-5-1995, por medio do presente edicto anúnciase a venda en

pública poxa, por primeira vez, os seguintes bens mobles embargados da propiedade do condenado, Cándido López Palmaz.

Os ditos bens, así como do valor da súa taxación, son os seguintes: vehículo Mercedes 190-E.2.3, matrícula C-6855-AV, de gasolina, valorado en 1.940.000 pesetas, o 13 de decembro de 1994 polo perito Botana. Faise constar en relación co lugar no que se atopa que está no garaxe que a empresa Setex-Aparki, S. A., ten en Santiago de Compostela, no lugar de Fervenza, Conxo, e en relación coa documentación relativa a eles que se requiriu ó condenado o 31 de outubro de 1995, sen que a entregase. Establécense as seguintes regras sinaladas na Lei de axuizamento civil:

1. Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, xuntando o resgardo de face-la consignación no BBV do importe a que se refire o artigo seguinte. Os pregos conservaraos pechados o secretario e serán abertos no acto do remate ó se publicaren as ofertas, e producirán o mesmo efecto que os que se realicen no dito acto. Só o executante poderá facer oferta coa condición de cede-lo remate a un terceiro. O executante que exercer esta facultade deberá verifica-la dita cesión mediante comparecencia perante o propio xulgado que celebrase a poxa, con asistencia do cesionario, quen deberá aceptala, e todo iso previa ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo de remate.

2. Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente no BBV, conta de consignacións do Xulgado do Penal número 2 de Santiago de Compostela número 1593, clave 71, co número de procedemento ou xuízo oral, presentando neste xulgado copia do mandamento de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo de valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos. Devolveranse as ditas consignacións ós seus respectivos donos, acto continuo do remate, excepto a que corresponda ó mellor postor, a cal se reservará en depósito como garantía do cumprimento da súa obrigación, e, se é o caso, como parte do prezo da venda. Tamén poderán reservarse en depósito por instancia do acredor as demais consignacións dos ofertantes que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas. As

cantidades consignadas por estes seranlles devoltas unha vez que o adxudicatario cumpra a obrigación. A consignada por este reservarase na forma e para os fins previstos no apartado anterior.

3. O executante poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fixeren, sen necesidade de consigna-lo depósito prevido no artigo anterior.

De non haber ofertantes na primeira poxa, que terá lugar o día 27 de maio ás 11 horas, na sala

de audiencia deste xulgado (sala número 5), sinálase para a segunda o día 3 de xuño, ás 11 horas, no mesmo lugar, para a que servirá de tipo o setenta e cinco por cento da valoración. Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

Celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día 10 de xuño, ás 11 horas, no mesmo lugar, sen suxeición a tipo.

As chaves do vehículo tenas Stex Aparki S. A. O condenado foi requirido para entrega da documentación do vehículo o 31 de outubro de 1995, e non a entregou. O vehículo atópase no garaxe que a empresa Setex-Aparki, S. A. ten en Santiago de Compostela, no lugar de Fervenza, Conxo. Fáiselles saber ós licitadores que en oficio remitido pola policía local de Santiago de Compostela, o 27 de decembro de 1995, infórmase de que o dito vehículo xerou uns gastos de traslado de 8.570 ptas. e por depósito, por día ou fracción, supoñen un importe de 600 ptas. Acumuláronse por ámbolos conceptos ata o día 27 de decembro de 1995 a cantidade de 391.370 ptas. Faise saber que os ditos gastos poderán ser por cargo do rematante.

Santiago de Compostela, trece de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3139