Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.928

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (469/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo executivo nº 469 de 1995, notifícaselle á demandada María Luz Iglesias San

tasmarinas a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número un desta cidade e do seu partido os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 469 de 1995, entre partes: dunha, como demandante, a entidade Banco Gallego, S. A., domiciliado nesta cidade, praza de Cervantes, nº 15, representada en autos polo procurador Caamaño Queijo, asistida do letrado Udaondo Durán, e doutra, como demandada, María Luz Iglesias Santasmarinas, que foi veciña desta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra María Luz Iglesias Santasmarinas, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Gallego, S. A., da suma principal de 884.076 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; fáiselles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días por ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó pleito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

Para que sirva de notificación á demandada María Luz Iglesias Santasmarinas, declarada en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela, vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2470