Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (203/1995).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición número 203/1995, dos que se fará mención, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Gustavo Adolfo Marín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo civil de cognición nº 203/1995, sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia do procurados García Piccoli Atanes, en nome e representación do Banco Central Hispano Americano, S.A., con domicilio en Madrid, rúa Alcalá, nº 49, asistido da letrada Sonia Rodríguez Arroyo, contra Lydia Brey Couto, declarada procesualmente en rebeldía.

Decido que estimando a demanda promovida polo procurador García Piccoli Atanes, en nome e representación do Banco Central Hispano Americano, S.A., contra Lydia Brey Couto, declarada procesualmente en rebeldía, debo condenar e condeno á referida demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de duascentas cincuenta e oito mil cento quince pesetas, importe do principal, así como os xuros legais incrementados en dous puntos, desde a data da sentencia ata o seu completo pagamento e con expresa imposición das custas procesuais á dita demandada. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer perante este xulgado recurso de apelación, no prazo de cinco días, a partir do seguinte a súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña».

A sentencia o encabezamento e decisión da cal quedan inseridos, foi lida e publicada no mesmo día da súa data.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de lle que sirva de notificación á demandada rebelde, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

2889