Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (217/1996).

A maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número catro dos da Coruña, Mª Sol López Martínez, substituta, en resolución do día da data, dictada nos autos que se seguen neste xulgado co número 217/1996, sobre despedimento, por instancia de José Quintas González contra a empresa Sea S.A., acordouse que se cita a representación legal de Sea, S.A. que tivo o seu domicilio na Coruña, hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza na sala de audiencia deste xulgado, o día nove de maio de mil novecentos noventa e seis, ás 12 horas, sito na rúa Monforte, nº 1, 1ª planta (edificio nuevos juzgados), co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente e render confesión xudicial no mesmo acto, podéndose telo por confeso en caso de incomparecencia; requirindo, así mesmo, para que ó dito acto achegue a seguinte documental: libro de matrícula de persoal, recibos de salarios do actor, boletíns de

afiliación e cotización á Seguridade Social e libro de visitas da inspección de Traballo.

Fáiselles saber que a copia da demanda se atopa á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Advírtese que as seguintes resolucións se lle notificarán nos estrados do xulgado, agás aqueles que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral.

E para que sirva de cédula de citación a Sea, S.A. expido a presente cédula na Coruña o dous de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

2890