Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (132/1996).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data polo xuíz do Social número catro, nos autos rexistrados co número 132/1996, de orde, seguidos por instancia de Avelino Sánchez Rodríguez, contra Eleuterio Lago Martínez, en reclamación de despidimento para o día 20 de maio ás 11.45 cítase á representación legal de Eleuterio Lago Martínez que tivo o seu domicilio na Coruña e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na r/ Monforte, s/n, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoo de que a copia da demanda se acha á súa disposición neste xulgado.

Dado na Coruña, 8 de abril de 1996.

O secretario

Rubricado

9603095