A) Asistencia técnica.
1. Asistencia técnica redacción do estudio informativo, cartografía e impacto ambiental da nova estrada de enlace da OU-101, C-536 e N-120.
Clave: N/OU/96.4.
Orzamento: doce millóns oitocentas corenta e tres mil duascentas corenta e dúas pesetas (12.843.242).
Prazo de execución: 10 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a. Grupo II, subgrupo 3, categoría a.
2. Asistencia técnica ás expropiacións de alargamento e mellora da estrada AC-103. Treito: Felgosas-Somozas.
Clave: N/AC/90.5.1.
Orzamento: catro millóns setecentas cincuenta e unha mil trescentas trinta e sete pesetas (4.751.337).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: non se esixe.
(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou
festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
9603096