Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación do concurso polo procedemento aberto das obras de clave N/AC/95.2, e dúas máis.

a) Obra.

1. Proxecto de construcción da vía rápida VRG1.1 entre A Bacariza e Rianxo e accesos á C-550.

Clave: N/AC/95.2.

Orzamento: catrocentos cincuenta millóns oitocentas setenta e oito mil oitocentas setenta e nove pesetas (450.878.879).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e. Grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 9.017.578 ptas.

2. Proxecto de construcción mellora de capa de rodadura na estrada C-536. Treito: A Derrasa-Alto do Couso. P.Q. 8+800 ó 21+700.

Clave: E/SC/96.33.

Orzamento: noventa e dous millóns oitocentas oitenta e tres mil duascentas vinteoito pesetas (92.883.228).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.857.665 ptas.

3. Acondicionamento da plataforma, reforzo do firme con mestura bituminosa en quente C-642 de Xubia a S. Cibrao o P.Q. 59,648 ó 75,120.

Clave: AP/LU/95.04.

Orzamento: cento noventa millóns trecentas once mil setecentas cincuenta e oito pesetas (190.311.758).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 3.806.235 ptas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9603097