Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación do concurso polo procedemento aberto das obras de clave N/PO/91.4.1.2, e dúas máis.

a) Obra.

1. Proxecto de construcción alargamento e mellora do trazado A Estrada-Forcarei. Variante de Codeseda.

Clave: N/PO/91.4.1.2.

Orzamento: seiscentos dezaseis millóns duascentas corenta e unha mil cincocentas dezaoito pesetas (616.241.518).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 12.324.830 ptas.

2. Proxecto de construcción C-550 Fisterra-Tui pola costa. Treito: Cee-Fisterra.

Clave: N/AC/87.1.5.

Orzamento: seiscentos un millóns oitocentas sesenta e seis mil duascentas sesenta e dúas pesetas (601.866.262).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 12.037.325 ptas.

3. Proxecto de construcción C-531. Treito: Celanova-Ramirás.

Clave: N/OU/90.6.1.

Orzamento: seiscentos cincuenta e tres millóns cincocentas corenta e cinco mil novecentas cincuenta pesetas (653.545.950).

Prazo de execución: 32 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 13.070.919 ptas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2933