Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (138/1992).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe, de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 138/1992, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1996, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo

executivo seguido neste xulgado co número 138/1992, no que actuaron como demandante a Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Jesús Raposo Quintas e asistida polo letrado Rafael Pardo Pedernera, e como demandado, Eduardo Manuel Fandiño Vázquez, declarado rebelde nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 4.000.000 de ptas. de principal, 1.847.775 ptas. de xuros, máis xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 1.800.000 ptas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asindo e rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Eduardo Manuel Fandiño Vázquez, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2216