Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (65/1996-02).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita xuízo de cognición co número 65/96-02, no que se dictou a seguinte resolución:

Provindencia. Maxistrado-xuíz Pantín Reigada. En Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1996. Por recibida a anterior demanda da quenda do reparto, cos seus documentos e copia de todo isto, rexístrese no libro correspondente. Declárase competente este xulgado para entender no xuízo, por razón da súa materia e contía. Tense por parte a Ricardo García-Piccoli Atanes, procurador dos tribunais, en nome e representación do demandante, Antonio Taboada García, co que se entenderán as dilixencias sucesivas na maneira e forma previdas pola lei.

Admítese a demanda que se substanciará polos trámites do Decreto do 21 de novembro de 1952 e reformas 34/1984, do 6 de agosto e 10/1992, do 30 de abril, e na súa virtude emprácese o demandado José Manuel Pintos Alonso, para que no improrrogable prazo de nove días compareza nos autos, prevíndoo de que, de non facelo, será declarado en rebeldía e de que recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito, dando por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso. Así o proveu e asina. Dou fe. O maxistrado-xuíz. O secretario. Rubricado ilixible.

E para que así conste e sirva de notificación e emprazamento a José Manuel Pinto Alonso en ignorado paradoiro, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula que selo e asino en Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1996.

A secretaria

Rubricado

2565