Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de setencia (470/1995-01).

En Santiago de Compostela o vinte de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Jorge Cabeleiro de Saa, secretario xudicial con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifico que nos libros deste xulgado e materia civil, consta dictada a sentecia que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 470/1995, por instancia de Javier García Rodríguez, representado polo procurador Fernández Pérez, asistido do letrado Barreiro Suárez, contra o Banco Santander, representado polo procurador Paz Montero, asistido do letrado Sabín Sabín, contra Academia Mac e Decoga, S.A., declarados en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo estimar e estimo a demanda de tercería interposta por Javier García Rodríguez, representado polo procurador Fernández Pérez, contra o Banco de Santander, representado polo procurador Paz Montero, quen se ativo á demanda e contra Academia Mac, S.L e Decoga, S.A., en rebeldía procesual, declarando que o predio descrito no feito primeiro da demanda pertence en propiedade ó demandante, acordando levanta-lo embargo que sobre ela pesa no procedemento executivo número 393/1992, que se segue neste xulgado.

Non se fai condena en custas. Unha vez firme lévese testemuño desta sentencia ó procedemento principal e arquívense os autos.

Contra esta resolución poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días arquívense os autos.

Contra esta resolución poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación».

E para que así conste e lles sirva de cédula de notificación en forma ós demandados en paradoiro descoñecido Academia Mac, S.L. e Decoga, S.A:, expido, así e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o dezanove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

2217