Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Droga Salgado, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Droga Salgado, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-3-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 17-2-1996, de conformidade co disposto co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia(DOG).

Vigo, 8 de marzo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Convenio da empresa Droga Salgado, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio afecta en todo o seu contido normativo á empresa Droga Salgado, S.A., que ten o seu domicilio en Vilagarcía de Arousa, e a todo o persoal que está a presta-los seus servicios nela, así como ós que se incorporen despois. O seu posto de traballo poderá variar segundo as circunstancias e necesidades da empresa, sen que varíen por ela as condicións estipuladas.

Artigo 2º.-Vixencia.

As cláusulas deste convenio terán unha duración dun ano e entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 1996, ata o 31 de decembro de 1996, con independencia da súa publicación no BOP, prorrogándose tacitamente en períodos anuais, se non é denunciado por calquera das partes, de acordo coas normas vixentes.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será exclusivamente de carácter persoal, sen que se poida entender vinculada ó posto de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor condicións máis beneficiosas das que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, segundo establece o Estatuto dos traballadores, repartidas na forma máis idónea para a empresa e os traballadores, entendendo sempre o interese destes e a productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dunhas vacacións retribuídas conforme as seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións desfrutaranse cando conveña, segundo as condicións da empresa, aínda que a empresa lles exporá con tempo ós seus traballadores como as han de desfrutar no ano próximo, segundo o criterio e necesidades da empresa e dos traba

lladores, e non poderán ser nunca nos meses de verán.

c) Cando o traballador cese no curso do ano, terá dereito á parte poporcional de vacacións a razón do tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por casamento do traballador.

b) Por morte ou enterro do cónxuxe, ascedentes ou descendentes.

c) Por enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou parto da esposa.

A duración destas licencias será de quince días para o casamento e ata tres días nos demais casos. En casos excepcionais poderánselles conceder licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causas moi xustificadas.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade do soldo base e antigüidade, nos meses de xullo e decembro.

Artigo 8º.-Pagamento de beneficios.

O persoal da empresa percibirá durante o mes de marzo, en concepto de paga de beneficios do ano anterior, o importe dunha paga mensual completa correspondente ó dito ano.

Artigo 9º.-Servicio militar.

O persoal comprendido no presente convenio ten dereito a que se lle respecte o seu posto de traballo durante o tempo en que dure o servicio militar. Así mesmo, o persoal que leve dous anos prestando servicios na empresa, cando se incorpore ó servicio militar, ten dereito a percibir como se estivese presente no traballo o importe das gratificacións extraordinarias fixas de xullo e decembro.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa estará obrigada a lles facilitar ós seus empregados a roupa de traballo necesaria para cada función, unha cada ano. O seu uso e conservación serán obrigas para o persoal.

Artigo 11º.-Retribucións.

O salario, durante a vixencia deste convenio, será o que figura na táboa que se reflicte na folla anexa, máis os aumentos por antigüidade que procedan, segundo a táboa anexa.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en cuadrienios na cantidade do 5% do salario base, correspondente á categoría en que o productor está clasificado.

Artigo 13º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador cun ano de servicio na empresa, esta está obrigada a satisfacerlles ós seus habentes dereito unha axuda de dúas mensualidades.

Artigo 14º.-Comisión paritaria.

Para levar a boa fin estas negociacións, constitúese unha comisión paritaria, integrada por Ramón Somoza Rodríguez e Manuel Angel Barros Fernández, delegado sindical de persoal, en representación dos traballadores e Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

Artigo 15º.-Partes asinantes.

Este convenio foi asinado por unha representación dos traballadores en tódalas súas follas e por Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

Vilagarcía de Arousa, febreiro de 1996.

Ramón Somoza Rodríguez

Chófer repartidor, secretario

DNI: 35409940

Manuel Ángel Barros Fernández

Axudante almacén

DNI: 36040786 Q

Antonio Pérez del Oro

Representación empresarial

DNI: 35328501

Manuel Rivas Núñez

Mozo

DNI 35399606

Mª Josefa Ramos Bugallo

Axudante

DNI: 35439060

Táboa de salarios

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Cuadrienio

valor

Director xerente111.000117.0005.850
Persoal Admon.
Xefe administrativo91.20096.0004.800
Aux. Admon. ou operadora de Maqui. Contab.74.00077.7003.855
Axudante Admon. ou operadora Maqui. Contab.73.30077.0003.850
Auxiliar de caixa73.30077.0003.850
Aspirante de 16 a 18 anos50.40053.000
Persoal mercantil
Xefe de compras90.20094.8004.740
Xefe de vendas90.20094.8004.740
Xefe de almacén90.20094.8004.740
Dependente maior80.50084.6004.230
Dependente74.90078.7003.935
Axudante73.00076.6003.830
Aprendiz 1ª50.40053.000
Aprendiz 2ª50.40053.000
Preparador de pedidos74.90078.7003.935

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Cuadrienio

valor

Viaxante71.90075.5003.775
Persoal de servicios
Chófer repartidor74.90078.7003.935
Mozo especializado74.00077.7003.885
Mozo73.30077.0003.850
Prof. Ofi. 3ª73.30077.0003.850

Vilagarcía de Arousa, febrero de 1996.

3004