Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 147/1996, do 17 de abril, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dunha parcela de 2.090 m, sita na parroquia de Mourente-Monte Porreiro, concello de Pontevedra, feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

O Concello de Pontevedra en sesión celebrada o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis acorda cederlle gratuitamente ó Servicio Galego de Saúde unha parcela de 2.090 m, sita na parroquia de Mourente-Monte Porreiro, concello de Pontevedra, para a construcción dun centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia, para a adquisición de bens a título gratuíto. Por autra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda do seu valor intrínseco, se ben non se consideran cargas, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e coas condicións estipuladas no acordo do Pleno do Concello de data 25 de xaneiro de 1996, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun inmoble, propiedade do Concello de Pontevedra, feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

2. O inmoble cedido ten unha superficie de 2.090 m e está situado na parroquia de Mourente-Monte Porreiro, concello de Pontevedra, sendo os seus lindes os seguintes:

-O norte: terreo cedido ó concello por Monte Porreiro S.L., isto é resto do predio matriz.

-O sur: rúa Reino Unido, cunha lonxitude de cincuenta e nove mil.

-O leste: terreos do concello cedidos por Monte Porreiro, S.L., isto é resto do predio matriz.

-O oeste: terreos da sociedade Monte Porreiro, S.L.

3. A parcela obxecto de cesión está inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, a favor do Concello de Pontevedra, por título de segregación, no libro 565, tomo 212, folio 179, predio nº 48.585, inscrición primeira.

Artigo 2º

O inmoble cédese libre de cargas e destinarase á construcción dun centro de saúde.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde a través do seu órgano competente procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade ó seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego da Saúde, a través do seu órgano competente levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e Presidente do Servicio Galego de Saúde

96-2060