Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Hidroeléctria de Laracha, S.L.
Enderezo social: c/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9, 15005 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a C.T. Golmar.
Situación: Laracha (A Coruña).
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 533 m de lonxitude, en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Beria-Orxeiras e remata no C.T. Golmar. Concello de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 14 de marzo de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
96-3059