Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.875

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 17 de abril de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 4 de marzo de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 4 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 50, do 11 de marzo), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de

varios postos de traballo vacantes nesta cosnellería, anunciada pola Orde do 4 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 50, do 11 de marzo).

Segundo.-Adxudicar destinos, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a aprtir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo da comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNIGrupoApelidos e nomeCódigoDenominación do posto

de traballo

Centro directivoLocalidadeCorpo ou escalaNivelEspecífico

3602897424 A2064AMerino Cachaperin, ÁngelOT.C02.00.000.15770.023Xefe Servicio Coord. Téc. e InspecciónSecretario xeralSantiago de CompostelaAdmón xeral/Especial281,639,104

106293568 A2060ARuiz Soldevilla, VicenteOT.C03.00.001.15770.001Sub. Xeral de Urbanismo e ArquitecturaD.X. de Calidade Medioambiental e UrbanismoSantiago de CompostelaAdmón xeral/Especial302,229,156
3276241613 A2061AÁlvarez Vicente, José LuisOT.C03.00.001.15770.005Servicio Planificación UrbanísticaD.X. de Calidade Medioambiental e UrbanismoSantiago de CompostelaAdmón xeral/Especial281,639,104
3244192924 A2060APérez Novo, Hipólito José RamónOT.C03.00.001.15770.016Servicio de Dictames e InformesD.X. de Calidade Medioambiental e UrbanismoSantiago de CompostelaAdmón xeral/Especial281,639,104
3326637046 A2060APuy Fraga, MaríaOT.C04.00.007.15770.007Servicio Xestión Xurídico-Adva.D.X. de Obras PúblicasSantiago de CompostelaAdmón xeral281,639,104

3010