Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.876

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de abril de 1996 pola que se corrixen erros da do 22 de marzo de 1996, pola que se convocaba o concurso de méritos para cubrir postos de asesores técnico-pedagóxicos en centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 70, do pasado 10 de abril, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 3.241, no anexo I ofertas de postos de asesores técnico-pedagóxicos por localidades e para cada centro de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios, onde di:

«Santiago de Compostela

Especialidade: ciencias sociais, xeografía e historia, período: 2 anos, corpo: 1,2,» ten que dicir:

«Santiago de Compostela

Especialidade: ciencias sociais, xeografía e historia, período: 3 anos, corpo: 1,2».

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

96-2953