Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.869

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de marzo de 1996 pola que se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta e a documentación achegada pola Deputación Provincial de Lugo, relativa á supresión do posto de colaboración de Viceinterventor, da devandita deputación provincial, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 2 g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Suprimi-lo posto de colaboración de viceinterventor, da Deputación Provincial de Lugo.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3141