Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 145/1996, do 17 de abril, de integración na escala de profesores de capacitación agraria de determinados funcionarios da Xunta de Galicia.

A Lei 12/1992, do 9 de novembro, pola que se crean determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 2/1993, do 15 de abril, faculta a Xunta de Galicia para que, por decreto, efectúe a integración nas escalas e especialidades creadas pola propia lei.

A devandita lei, no seu artigo 3.4º, crea a escala de profesores de capacitación agraria, e na súa disposición adicional terceira, establece que se integrarán na escala os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que o dito precepto determina.

Na súa virtude, visto o informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, oída a comisión de persoal, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan integrados na escala de profesores de capacitación agraria, dentro do corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, os axentes de extensión agraria-profesores que, posuíndo a titulación superior correspondente ou equivalente para os efectos da docencia, prestasen servicios como profesores en virtude de nomeamento para desempeña-las funcións docentes propias da súa condición antes da entrada en vigor da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Artigo 2º

Os funcionarios que, por reuni-los requisitos relacionados no artigo anterior, quedan integrados na escala de profesores de capacitación agraria da Xunta de Galicia, son os que se relacionan no anexo deste decreto.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Relación de funcionarios procedentes da escala de axentes do Servicio de Extensión Agraria (integrada no corpo facultativo de grado medio da Xunta de Galicia) que, de conformidade coa disposición adicional terceira da Lei 12/1992, se integran na escala de profesores de capacitación agraria.

Apelidos e nome DNI

Alonso Flores, Jesús 2.464.587
Alonso Gago, Pedro9.577.174
Álvarez González, Antonio9.570.640
Alvira Siero, Julián9.695.266
Amado Bando, Victorino33.783.667
Andión Barros, Lino35.912.303
Casado Contreras, Rafael3.426.342
Díaz Martínez, Antonio71.860.932
Domínguez Castro, César33.021.428
Domínguez Rodríguez, Manuel9.489.596
Espadas Escanciano, Ángel27.802.470
Estévez Casal, Ángel35.163.543
Fernández Oca, Antonio72.616.628
Fuciños Gómez, Monserrat76.500.301
Fuente Vázquez de la, José Andrés1.169.236
Gago Álvarez, Castor34.719.075
Galán Mateos, Felipe6.501.759
García Sánchez, Juan24.067.804
García Vazquez, Pedro33.743.984
Hernando Aval, Arturo37.236.914
Iglesias Raído, Alfredo14.218.015
López Díaz, Jesús15.732.176
López Soriano, Jaime19.859.659
Macía Fernández, José David33.797.307
Marco Gomara de, José Luis16.703.035
Martín Martín, Eugenio9.506.692
Martino Martino, Teodosio71.398.278
Miguélez López, Justiniano9.598.466
Muíña Rodríguez, José Antonio33.713.069
Núñez Rivas, Bernardino72.510.274
Ordás Pérez, Jesús Elías11.690.094
Ortega Carrasco, Jesús17.676.648
Palomero Bretón, Ángel7.594.063
Pérez Fernández, José Mariano12.160.853
Porto Vázquez, José Carlos34.549.147
Rielo Rico, Jesús33.792.430
Rincón Moreno, Vicente05.606.022
Rivera González, Manuel71.494.716
Rodríguez Taracido, Antonio32.600.697
Rodríguez Taracido, Cesáreo76.391.503
Romero González, Manuel759.951
Santamaría González, Maximino27.822.557
Santos Ucha, Francisco15.719.921
Torrente Gallego, Alfonso32.587.828
Vázquez Pernas, Ángel33.769.863

2939