Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 28 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador de epizootias 103/1996, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, e presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

Lugo, 28 de marzo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 103/1996.

Denunciado: Manuel Caride Pérez.

DNI nº: 32.940.356.

Último enderezo coñecido: Avdª Buenos Aires. Ourense.

Feitos imputados: exerce-la actividade de operador comercial de gando (tratante) carecendo do carné de tratante.

Tipificación da infracción no regulamento de epizootias:

Precepto infrínxido: artigos 65, 195 e 196.

Precepto sancionador: 213.

Cualificación da infracción: grave

Sanción: 50.000 ptas.

9602619