Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 21 de marzo de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004514/1996, interposto por Constantino Lamoso Couso.

Con data do 12-3-1996, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe da Sala do Contencioso-Administrativo sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0004514/1996, interposto por Constantino Lamoso Couso contra resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra sobre denegación da clasificación do monte Chan da Cruz, da parroquia de Figueirido, concello de Vilaboa.

En consecuencia esta presidencia acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 1O/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Pontevedra, 21 de marzo de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

9602975