Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso aberto, da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite, xuño e decembro de 1996.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto.

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite. Xuño e decembro de 1996, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: once millóns cincocentas noventa e catro mil cincocentas sesenta e sete pesetas (11.594.567 ptas.).

Clasificación: grupo II, subgrupo III, categoría A.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: catrocentas sesenta e tres mil setecentas oitenta e tres pesetas (463.783 ptas.).

Prazo de execución: 1ª Fase (xuño-1996): antes do 1 de xullo de 1996.

2ª fase (decembro 1996): ata o 20 de decembro de 1996.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación y apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 21 de maio de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 28 de maio de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.

P. D. (Orde 13-12-1993, DOG 239, do

14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario general de la Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

2706