Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Lourido Grande (Samos-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lourido Grande (Samos-Lugo), que co obxecto de tomaren posesión delas, se poñen ó dispor dos respectivos propietarios os preidos de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, o 15 de maio de l996, na falta de acordo entre o seu propietario e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de l985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 16 de maio de l996, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Conforme o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outórgalles a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderase ver privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 29 de marzo de 1996.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

2976