Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas actualizadas da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto do 27 de agosto de 1977 (BOE do 26 de setembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de decembro de 1995, aprobou a actualización das bases definitivas, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Santiago de Compostela e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que

sexan necesarias e, a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacions xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (Edificio Administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 6ª Planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacions que procedan, e, se for o caso, a persoa residente no mesmo a quen teña que facérselle as notificacións.

A Coruña, 15 de marzo de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

2840