Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Ferreiravella (Riotorto-Lugo).

Terminada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Ferreiravella (Riotorto-Lugo), e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Consellería de Agricultura resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que pro

cedan como consecuencia dos recursos interpostos (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Dentro dos trinta días seguintes ó da publicación da presente resolución no BOP, os interesados poderán reclamar ante esta xefatura (Ronda da Muralla, l97-1º), xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración (artigo 46 da lei antes citada).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleitas pendentes, prados e pastos o día seguinte da publicación desta resolución no BOP.

b) Os restantes predios no momento de seren retiradas as colleitas pendentes no día anterior citado.

c) Logo de petición á Xefatura do Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso, as árbores existentes nos predios e que non fosen obxecto de clasificación, poderán ser retiradas polos propietarios das antigas parcelas dentro dos seis meses seguintes á publicación da presente resolución no mencionado boletín. Transcorrido o dito prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

Lugo, 6 de marzo de 1996.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

2620