Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica proposta de resolución, formulada polo instructor, no expediente sancionador de pesca fluvial P-217/1995.

De conformidade co disposto no artgio 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

Lugo, 22 de febreiro de 1996.

José Ángel Madarro Río

Instructor

ANEXO

Expediente número: P-217/1995.

Denunciado: Carlos López Orti (Graveras López Orti).

Enderezo: A Lagoa, s/n, Moreda, Monforte de Lemos, Lugo.

Feito denunciado: incorporación de residuos ós ríos Carboeiro e Tarrío, procedentes da graveira propiedade do denunciado. Segundo a análise das mostras recollidas o 14-3-1995, aprécianse uns valores de amoníaco na confluencia dos citados ríos e augas abaixo non amparados pola autorización de vertidos.

Precepto sancionador: 35.9º.

Cualificación: grave.

Sanción: 500.001 pesetas de multa.

2283