Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas actualizadas da zona de Santa María de Dodro (Dodro-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santa María de Dodro (Dodro-A Coruña), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 95/1987, de 14 de abril (DOG nº 86, do 8 de maio de 1987), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de abril de 1995, aproboú a actualización das bases definitivas de concentración, modificando a superficie a que se vai concentrar como consecuencia do deslindamento da zona marítimo-terrestre. As devanditas bases definitivas de concentración estarán expostas ó público na Casa do Concello de Dodro e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluidos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo de trinta dìas sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo, Monelos, s/n, 6ª Planta, A Coruña) ou nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento Ad- ministrativo Común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle las notificacións que procedan, e, se for o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

A Coruña, 7 de febreiro de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

1775