Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador M-61/1995 (Montes e Industrias Forestais-Pontevedra).

Facendo uso da notificación prevista no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse en coñecemento das persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción do Regulamento de montes, Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei de montes do 8 de xuño de 1957, designando instructora a Ramona Celia Fernández Álvarez e secretaria a Mª Magdalena Santiago Pereira, que poden ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei de procedemento.

De conformidade co artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formularen alegacións, aprotaren documentos ou propoñeren probas no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución por dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto antes mencionado.

Pontevedra, 7 de marzo de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

Expediente: M-61/1995.

Denunciado: Julio Gallo García.

Último enderezo coñecido: Berducedo-Moaña.

Feito denunciado: corta sen autorización de 29 eucaliptos en monte conveniado denominado San Lou

renzo C.M.V.M.C. de Ardán-Marín o día 20-11-1995.

Precepto infrinxido: Art. 411 do Reg. de montes. Decreto 485 do 22-2-1962.

Precepto sancionador: Art. 411 e 459 do Reg. de montes. Decreto 485 do 22-2-1962.

Sanción: multa de 49.485 ptas. Indemnización, danos e prexuízos de 49.485 ptas.

2284