Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/19-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea a C.T. Bergantiños.

Situación: Laracha.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V 15/25 kV de 3(1x95) mm AL, de 160 m de lonxitude, con orixe na liña Cillobre-Paiosaco-Medoña-Currelos-Corgo (Expte. 6.181) e final no C.T. Bergantiños, en Paiosaco. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2662