Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de marzo de 1996 pola que se autoriza o carácter retribuído da prestación de servicios pola Unidade de Criopreservación da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

De acordo coas funcións asignadas ó Centro de Transfusión de Galicia polo Decreto 462/1990, do 20 de setembro, polo que se regula a hemodoazón-hemoterapia e os bancos de sangue en Galicia, os estatutos da Fundación Centro de Transfusión de Galicia conteñen no seu artigo 7 q) que entre as súas fina

lidades está a de desenvolve-la estructura necesaria para a criopreservación do sangue e os seus derivados así como da médula ósea.

Dentro das funcións de tutela e garantía, de acordo co artigo 21.2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde ó protectorado concederlles autorización ás fundacións para a realización de actividades ou prestación de servicios retribuídos ós seus beneficiarios, sempre que tales actividades ou servicios sexan de interese xeral para a comunidade e as cantidades que a fundación perciba por elas non excedan do custo real do servicio ou actividade prestados.

Neste senso, o padroado da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, na reunión celebrada o 30 de xuño de 1995, acordou por unanimidade a aprobación das tarifas por servicio de Unidade de Criopreservación.

Por todo o anterior, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, vista a memoria xustificativa presentada pola Fundación Centro de Transfusión de Galicia, en exercicio das atribucións previstas no artigo 21 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño,

ACORDA:

Primeiro.-Autoriza-lo carácter retribuído da prestación de servicios pola Unidade de Criopreservación da Fundación Centro de Transfusión de Galicia de acordo cos importes, que terán o caracter de máximos, que se determinan no anexo.

Segundo.-Dispoñe-la publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación das tarifas da unidade de criopreservación do Centro de Transfusión de Galicia

ConceptoTarifa

Pezas óseas
Cilindro esponxosa50.000
Cabeza femoral45.000
Cresta ilíaca neurocirurxía21.000
Cóndillo100.000
Costela30.000
Cotillo100.000
Cresta ilíaca tramuatoloxía50.000
Coxal dereito340.000
Coxal esquerdo340.000
Diáfise140.000
Fémur dereito completo357.000
Fémur dereito inferior metade220.500
Fémur dereito inferior tercio200.000
Fémur dereito superior metade220.500
Fémur esquerdo completo357.000
Fémur esquerdo inferior metade220.500
Fémur esquerdo inferior tercio200.000
Fémur esquerdo superior metade220.500
Úmero dereito completo357.000

ConceptoTarifa

Úmero esquerdo completo357.000
Meseta tibial100.000
Metatarsiano 4º50.000
Metatarsiano 5º50.000
Peroné dereito262.500
Peroné esquerdo262.500
Tibia dereita completa357.000
Tibia dereita inferior metade220.500
Tibia dereita superior metade220.500
Tibia dereita superior tercio200.000
Tibia esquerda completa357.000
Tibia esquerda inferior metade220.500

Tendóns
Tendón rotuliano dereito100.000
Tendón rotuliano esquerdo100.000
Tendón aquíleo dereito100.000
Tendón aquíleo esquerdo100.000
Fascia lata63.000

Pel
Cada centímetro cadrado96

Veas e arterias
Vea120.000
Arteria120.000

Válvulas
Válvula pulmonar133.000
Válvula aorta133.000

Sangue
Concentrado de heacíasm80.000

Fragmentos de órganos
Páncreas e paratiroides18.281

Médula ósea
Criop. de médula ósea para Autotranspl.90.000

2752