Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (82/1995).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 82/1995, en virtude de denuncia formulada por Patricia Cardama Antúnez, contra Yara Domínguez Freire, por lesións en agresión, dictouse a seguinte sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal que segue:

Sentencia.-En Santiago de Compostela o tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de faltas número 82/1995, sobre lesións en agresión, no que son partes o Ministerio Fiscal, en representación da acusación pública, como denunciante Patricia Cardama Antúnez, asistida da súa nai e representante legal María Dolores Antúnez Tarrío, e non comparece a denunciada Yara Domínguez Freire, malia estar citada en legal forma. Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito.

Decido: que debo condenar e condeno a Yara Domínguez Freire, como autora dunha falta de lesións prevista e penada no artigo 582-1º do Código Penal, á pena de seis días de arresto menor, e a que indemnice a Patricia Cardama Antúnez, na persoa do seu representante legal, no importe de vinteunha mil novecentas pesetas, segundo consta na factura achegada ós autos e que consta no folio número trinta e un, polos gastos médicos, así como ó pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no termo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que lle sirva de notificación en forma a Yara Domínguez Freire, da que se descoñece o seu paradoiro actual, a través da súa publicación no DOG, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2723