Extraviado o resgardo do depósito en aval bancario número 1414/1993, constituído na caixa de depósitos da Delegación Territorial de Economía e Facenda de Pontevedra con data 22 de outubro de 1993, por importe de 564.469 ptas., sendo o propietario do metálico o Banco de Galicia e o garantido Talleres
Electrotécnicos de Pontevedra S.C., faise público para que no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, pode alegarse por terceiro o que consedere oportuno, advertíndose que, transcorrido o referido prazo, se expedirá o novo resgardo que anulará o primeiro.
Pontevedra, 1 de abril de 1996.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
2736