Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (27/1992).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos dos que se fará mérito se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

Vistos os presentes autos de divorcio nº 27/1992, seguidos ante este xulgado a pedimento de Rosa Morales Romero contra Manuel Fernández Iglesias, decido:

Que, aceptando a demanda interposta polo procurador Luis Noya Tejera, en nome e representación de Rosa Morales Romero, contra o seu esposo Manuel Fernández Iglesias, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio consituído polos expresados esposos, adoptándose as medidas referidas no segundo fundamento de dereito, e sen facer especial pronunciamento en canto a custas.

Comuníqueselle esta sentencia ó Rexistro Civil de Dodro para a súa anotación á marxe do matrimonio.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde, de conformidade co establecido no artigo 769 da Lei de enxuízamento civil.

Advírtanse as partes de que esta sentencia non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo de cinco días ante a audiencia provincial.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía Manuel Fernández Iglesias, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

2047