Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (71/1995).

Pola presente cédula, e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuíta nº 71/1995 de orde, seguidos a pedimento de Josefa Mos Rey, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e defendida polo letrado Fajardo Otero contra Manuel Queiruga Romero e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 20 de maio do presente ano ás 10 horas, cítase o demandado Manuel Queiruga Romero, que tivo o seu domicilio en Ribeira e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que, acompañado de tódolos medios de proba dos que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na Praza do Concello s/n de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, e prevéñoo de que a copia da demanda se atopa á súa disposición neste xulgado.

E para que teña lugar a citación acordada, expido a presente cédula en Ribeira o dous de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

2126