Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (360/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, en autos de xuízo de separación matrimonial, seguidos neste xulgado co número 360/1995, a pedimento de Rosa María Crujeiras Bóveda, representada pola procuradora Peleteiro Bandín en quenda de oficio, por medio da presente cédula emprázase o esposo demandado Juan Bautista Sanles Paz para que, no termo improrrogable de vinte días, compareza en autos e a conteste, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

Fágolle saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Ribeira o doce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

2726